Sobre nós

Cilenis está composta por un equipo con formación en Lingüística e Informática, con sólida experiencia en investigación. Xorde a partir da liña de investigación ProLNat@GE , coordinada por Pablo Gamallo (CITIUS), na Universidade de Santiago. O seu obxectivo é a creación de aplicacións avanzadas baseadas no coñecemento e no know-how dos seus anos de investigación. Cilenis inicia a súa actividade en 2011 como Spin-off universitaria cunha cualificación de IEBT (Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica) concedida pola Xunta de Galicia. Ese mesmo ano, Cilenis gaña o Primeiro Premio como Proxecto Empresarial Innovador . En 2012, o analista económico e empresario Marc Vidal, coa súa empresa IDODI Labs, convértese en socio de Cilenis .

Novas de Cilenis