CilenisAPI

CilenisAPI engade Tecnoloxía da Linguaxe ao teu software.
Anos de investigación en Procesamento da Linguaxe Natural listo para usares.

A API da linguaxe para triunfar!

A CilenisAPI axúdache a analizar e extraer información dos textos. Engade Tecnoloxía da Linguaxe ao teu software en minutos coa nosa solución na nube.

Tecnoloxía propia

CilenisAPI ofrece produtos baseados en anos de investigación e desenvolvemento en Procesamento da Linguaxe Natural e Enxeñaría Lingüística. Desenvolvemos software con filosofía de código aberto, para dar as mellores solucións.

Linguas

Case todos os módulos están dispoñíbeis nas seguintes linguas:
  • Inglés
  • Portugués
  • Castelán
  • Galego

Servizos

  • RESTful API
  • Saída en varios formatos: text, JSON, XML, YAML
  • Rendemento de alta calidade
  • Soporte da comunidade ou soporte premium
  • Escalábel
Ferramentas para a extracción de texto
Recoñece a lingua na que se escribe un texto grazas á utilización de modelos de linguaxe e de estruturas morfolóxicas.
Permítenos coñecer o que se di, por exemplo nas redes sociais, dunha marca, dun produto... do que queiramos, xa sexa positivo, negativo ou neutro. Dispoñible en inglés, español, portugués e galego.
Extrae as palabras máis importantes dun texto e clasifícaas segundo o seu grao de relevancia. É clave para a detección inmediata de tema, para a etiquetaxe automática e a clasificación documental. Dispoñible en inglés, español, portugués e galego.
Amplía a procura do extractor de palabras chave a termos e temas que precisan de máis dunha palabra para expresarse e clasifícaas segundo o seu grao de cohesión interna, por exemplo: "As taxas hipotecarias", "prezos da vivenda", "guerra de prezos". A combinación de ambos extractores ofrece un resultado máis potente. Tamén está dispoñible en inglés, español, portugués e galego.
Extrae dun texto entidades nomeadas e clasifícaas sobre categorías predefinidas como nomes de persoa, lugares xeográficos, organizacións, datas... Combina análise morfosintáctica e algoritmos de aprendizaxe automática. Dispoñible en inglés, español, portugués e galego.
Ferramentas lingüísticas
Analiza o texto identificando as unidades básicas: palabras (ou tokens) e os seus ambiguos separadores, puntos e comas. Esta ferramenta conta a frecuencia de palabras. Con ela podes crear a túa propia nube de etiquetas de calquera texto en calquera idioma.
Este etiquetador morfolóxico analiza un texto proporcionando a cada palabra unha etiqueta coas súas características morfolóxicas: nome, verbo, masculino, singular... e os seus lemas (raíz ou forma canónica). Dispoñible en inglés, español, portugués e galego.
Con este analizador (DepPattern) baseado en relacións de dependencia ou binarias, móstrase a estrutura sintáctica dun texto. O sistema proporciona diferentes maneiras de mostrar a análise final: tríos ou columnas. Dispoñible para español, inglés, portugués e galego.
Concordancia ou KWIC (palabras chave en contexto) é unha ferramenta que extrae do texto seleccionado o contexto anterior e posterior da palabra que nos interesa. Esta información e o cómputo de aparicións da palabra proporcionan, en segundos, unha aproximación da información tratada no documento.
Conxuga todos os verbos españois, ingleses, portugueses e galegos recoñecidos institucionalmente, diferencia os verbos de dobre conxugación e atrévese cos de recente creación ou mesmo inventados. Para o caso do portugués, permite elixir as variedades de Brasil ou Portugal antes e despois do seu Acordo Ortográfico.

CilenisAPI engade Tecnoloxía da Linguaxe ao teu software.

Novas de CilenisAPI