O tradutor amplía a suite de ferramentas de Linguakit

  • 31 Xullo, 2014
  • Linguakit
  • 0 Comentarios

Linguakit non para de medrar!

Esta semana unha nova ferramenta expande Linguakit. Esta vez trátase dun módulo exclusivo para os usuarios Pro como agradecemento pola súa confianza.

O tradutor de Linguakit

Traducir nunca foi unha tarefa sinxela, require unha gran dedicación e tempo do que moitas veces non dispoñemos. Por esta razón, en multitude de ocasión precisamos da axuda proporcionada polos tradutores automáticos, pero escoller o mellor tradutor pode supoñer un verdadeiro rompedeiro de cabeza. No entanto, con Linguakit esta tarefa será moito máis sinxela, xa que elixe por ti o mellor tradutor online dispoñible en función do par de linguas que selecciones.

Como funciona esta ferramenta?

O sistema de Linguakit está baseado fundamentalmente en tres plataformas de tradución: Apertium, Bing e Google. Todas elas están dispoñibles para diferentes linguas, pero a súa tradución destacará máis nuns idiomas que noutros. O sistema de Linguakit é capaz de detectar cal é o par de linguas que mellor traducen estas plataformas, proporcionándoche a máis fiable tradución existente para os idiomas que elixas.

A que esperas para gozar das vantaxes que che ofrece este portal repleto de ferramentas lingüísticas? Non perdas máis tempo, entra na nosa páxina e convértete nun usuario activo. Non te arrepentirás!

Linguakit.com

0 Comments