Linguakit engade o resumidor

  • 4 Xullo, 2014
  • Linguakit
  • 0 Comentarios

Non perdas máis tempo seleccionando información, Linguakit faino por ti.

O tempo é un dos recursos máis prezados que temos. Por iso, na nosa vida diaria, tentamos aforrar os máximos recursos posibles. Así, dada a enorme cantidade de información que temos que manexar ao longo do día, resúltanos imprescindible unha axuda que nos facilite o acceso á información principal daquilo que nos interesa. Necesitamos cribar, resumir, seleccionar os datos máis importantes, tanto se se trata de fontes de información moi extensas como sinxelamente obter as ideas chave dun texto. Linguakit axúdache nesta tarefa poñendo á túa disposición un resumidor.

Un resumo é unha breve pero segura representación do contido dun documento (F.W. Lancaster)

Con esta nova ferramenta lingüística, dispoñible para galego, español, portugués e inglés, obterás, nun só clic, un resumo coas principais ideas dun texto. Unha forma rápida e sinxela de seleccionar a información máis relevante. Elixe o tamaño da sinopse, indicando a porcentaxe de texto resumido que desexas, (até un máximo dun 50%) e preme o botón.

O resumidor de Linguakit baséase nun sistema integrado por diversos módulos: segmentación de oracións, análise morfosintáctica, extractor de palabras e multipalabras chave e ponderación de oracións. Deste xeito, Linguakit garánteche unha sinopse que represente de forma fidedigna a información contida no texto elixido.

A que esperas? Entra en Linguakit.com e proba as nosas ferramentas lingüísticas. Seguro que repites.

0 Comments