Hoxe presentamos Linguakit

  • 11 Xuño, 2014
  • Cilenis
  • 0 Comentarios

O cargamento de enerxía e motivación que supuxo para nós a experiencia vivida no MIT de Portugal o ano pasado e a Mención de honra que obtivemos fixo que nos mergullásemos nesta nova aventura. O know how adquirido dende o noso nacemento e as ganas de mellorar do noso equipo levounos a crear Linguakit unha plataforma dixital na que agrupamos un interesante paquete de ferramentas para a análise lingüística de textos,

Linguakit xurdiu logo de anos de investigación por parte do grupo ProLNat da USC, do cal naceu Cilenis. Con Linguakit queremos poñer á vosa disposición un conxunto de instrumentos cos que explorar e obter a máxima información lingüística de textos e documentos escritos. Á par, Cilenis brinda ao mundo do desenvolvemento informático, CilenisAPI, un portal que ofrece as ferramentas de Linguakit orientadas a esta industria.

Linguakit inicia a súa andaina cos nosos conxugadores de galego, portugués e español, xa coñecidos pola maioría de vós, pero, no transcurso das próximas semanas, iremos incorporando novos módulos de ferramentas lingüísticas e de extracción textual. Queremos que este kit da linguaxe teña todo o que ti poidas necesitar para obter a mellor información dun texto.

Proximamente, poderedes analizar e explorar calquera texto coa axuda dun extractor de palabras chave, un analizador de sentimentos, dicionarios bilingües, un etiquetador morfosintáctico, un metatradutor… e todo estará aí, listo para usar. Con estes instrumentos dixitais, dispoñibles en diferentes idiomas, podedes, por un lado, analizar e buscar de forma automática todo tipo de información en documentos escritos, e por outro lado, familiarizarvos con conceptos lingüísticos accesibles e que forman parte do noso patrimonio cultural global.

Invitámoste a que comeces a explorar Linguakit premendo no seguinte enlace Linguakit.com.

0 Comments